A exposición promovida por Acción Cultural Española (AC/E), Tránsito pola escenografía española contemporánea, pode verse agora, tras o seu paso pola Cuadrienal de Praga, na Igrexa da Madalena, en horario de martes a sábado, de 10h a 14h e de 18h a 21:30h e todos os días da semana durante o festival, que ten lugar do 14 ao 22 de xullo de 2018.

Pretende dar a coñecer a actualidade da plástica escénica española a través de máis de setecentos espectáculos estreados nos últimos sete anos no noso país. A exposición enmárcase nunha serie de actividades (charlas, conferencias e coloquios) programadas dentro da 34ª edición da MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia.

Exposición: Tránsito pola escenografía española contemporánea

— MIT Ribadavia

Tránsito pola escenografía española contemporánea estrutúrase en oito módulos temáticos deseñados polo equipo de arquitectos Zuloark. En cada un deles analízase un concepto concreto relativo á creación escenográfica recente. Cada módulo ten integrado unha montaxe de vídeo e son ambiente. Algunhas imaxes exhibidas na montaxe forman parte do catálogo -SOS, SPAIN in stage- editado pola AAPEE, Asociación de Artistas Plásticos Escénicos de España, a cal recolle traballos de vestuaristas, iluminadores, videoartistas, etc…

José Luis Raymond participará o 20 de xullo ás 21 h. dentro da MIT, nunha charla titulada “Tránsito pola escenografía española” para explicar cómo a escenografía foi adquirindo nos últimos sete anos un papel destacado dentro da escena contemporánea española e como a búsqueda de novas formas para contar historias levou aos escenógrafos españois a investigar e desenvolver solucións plásticas que apoien o seu pensamento creativo. As súas propostas son un bo reflexo da evolución artística que vive hoxe España. En palabras do comisario, “A sociedade está viva, cambia continuamente. A escenografía, como elemento de comunicación e expresión artística, non é allea a estes cambios. Nese sentido, o papel desenvolvido polos centros de ensinanzas artísticas está a ser primordial na formación das novas xeracións de escenógrafos/as españois”.

O comisario desta exposición que, presentada nun atractivo formato visual e escenográfico, mostra os traballos máis importantes realizados por creadores españois nos últimos sete anos.

— José Luís Raymond

José Luis Raymond (Portugalete, País Vasco, 1954)
Escenógrafo, director de escena, pintor, fotógrafo e creador de videoinstalacións e investigador da plástica teatral, do corpo e os obxectos. É actualmente profesor de Espazo Escénico na Real Escuela Superior de arte Dramático (RESAD) en Madrid e foi o Comisario Xeral do Pavillón de España na Cuadrienal de Praga de Escenografía 2015.