Compañía: Malpelo

Bach

Día: sábado 26 de xulloHora: 23:00 h.Lugar: Auditorio “Rubén García” do Castelo

DETALLES DA OBRA

Bach preséntase como un estudo do movemento, da mirada, do ritmo, da respiración e da presenza en relación coa musicalidade. É unha selección de preludios e fugas contidos nos dous libros que conforman O clavecín ben temperado, composto por Johann Sebastian Bach no século XVIII, na que María Muñoz combina a danza dalgúns preludios que soan en directo coa memoria dalgunhas fugas bailadas en silencio.

A presenza da intérprete evoluciona dentro dun traballo puramente centrado no movemento.
Bach é un rigoroso traballo sobre a linguaxe do movemento, para o cal María Muñoz tivo que emprender unha viaxe en solitario cara a lugares probablemente innegociables no que atinxe á súa comprensión profunda da musicalidade.

Na primeira versión completa da peza, estreada no Festival Temporada Alta 2005, a gravación minuciosa e exhaustiva realizada polo pianista canadense Glenn Gould (1932–1982) acompañaba á bailarina, achegando unha corporalidade insólita: a do propio pianista, que coa súa respiración e murmullos semellaba estar presente na escena.

En 2018 presentouse unha reinterpretación do solo con música en directo na Filharmónica de París, en colaboración co Théâtre de la Ville de Paris, con Dan Tepfer, quen, tan coñecedor do repertorio clásico como experimentado na improvisación jazzística, achega ao solo unha vitalidade e textura diferente, acompañando a María Muñoz coa súa interpretación en vivo e establecendo un diálogo que reforza a improvisación nun xogo de complicidades.

En 2016, María Muñoz transmite a peza á intérprete italiana Federica Porello, quen traballa con Mal Pelo e desde entón tamén representa Bach.