Celebración dos 20 anos do premio Abrente
DETALLES DO EVENTO
Evento aberto ao público xeral ata completar capacidade.
Coordinación: Rosa Puga Davila
Participantes: Beni Cortés Rodríguez, Isabel Alonso, Alba González Gregorio, Belén Vázquez Davila, Anita Pérez Quintas, Pilar Rodríguez Martínez, Juan Álvarez González, María Rodríguez Vello, María López Touza.
Celebramos os 20 anos do Premio Abrente, cita indispensable da creación dramatúrxica en galego e un dos principais certames de creación teatral do país.
Levaremos a escena unha escolma de textos premiados a través dunha lectura dramatizada coordinada por Rosa Puga Davila coa participación da veciñanza vinculada aos grupos de teatro amador Teatro do Vilar, Anaquiños de Francelos e antigo alumnado da Aula de Teatro de Ribadavia.
Acto de entrega do 20º Premio Abrente 2025 que dará paso a un faladoiro coa participación de convidadas especiais, un diálogo aberto á intervención nun espazo de encontro para conversar sobre o legado do Grupo Abrente e da historia do Premio que ao longo das súas edicións, serviu de apoio e voceiro a numerosas dramaturgas e dramaturgos con moi diversa traxectoria e experiencia dende valores emerxentes a figuras xa consolidadas na escena teatral, así deixaron a súa pegada neste premio: Roberto Salgueiro, Antonio Yáñez Casal, Carlos Losada, Manuel Lourenzo, Vanesa Sotelo, Fran Godón, Fernando Epelde, Esther Carrodeguas, Ernesto Is e Xandra Táboas, Roi Vidal, Avelina Pérez, José Luis Baños de Cos, Marcos Abalde, Ernesto Is, Ana Abad de Larriva, Nerea Brey e Alberto Ramos.