Compañía: María Jurado

Spooky

Día: sábado 26 de xulloHora: 20:00Lugar: Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura
COMPRAR ENTRADAS

SINOPSE

Spooky é unha loita contra o individuo ou, ao mesmo tempo, unha performance na que dúas mulleres constrúen un dispositivo escénico a partir dos códigos do cine de suspense e do cine trash. Os recursos e a estética feita a man interveñen directamente no espazo, xerando unha trama fragmentada que produce unha sensación de incerteza. Esa incerteza dialoga co público e abre fendas entre a realidade e a ficción.

O espazo teatral preséntase como unha metáfora dun cerebro: un lugar ao que chega a información, os patróns, as proxeccións, as imaxes que as crenzas sobre o individuo constrúen dentro de nós, xerando unha especie de “campá de cristal”, aparentemente impenetrable, pero aceleradamente tortuosa.

FICHA

Dirección: María Jurado + creación conxunta con todo o equipo
Co-creación: Macarena Bielski López
Interpretación: María Jurado e Macarena Bielski
Espazo sonoro e composición musical: Kora Jiménez
Deseño de iluminación e espazo escénico: David Corral
Deseño e creación visual: Manuel Pita-Romero
Deseño de vestiario / deseño e patronaxe dos vestidos: G. Ontiveros
Produción: María Jurado e David Corral
Acompañamento artístico: María Jerez
Coprodución: Antic Teatre (Barcelona)
Apoio en residencias artísticas: Graner (Barcelona), Réplika Teatro (Madrid), TenerifeLAV (Tenerife), L’Estruch Fàbrica de Creació (Sabadell), Corralito x TNT (2024), Festival MeetYou (Valladolid) 2025 e A Mutant (Valencia) 2025.
Duración: 60 minutos aprox.
Público: Todos os públicos
Xénero: Artes Vivas
Lingua: Castelán
O espectáculo é para todos os públicos, pero ten bastantes momentos de luces e estimulación estroboscópica, e momentos de son intensos/estridentes
(non recomendado para persoas con sensibilidade lumínica/sonora ou epilepsia).

Privacy Preference Center