Compañía: Mar Navarro
Obradoiro de Máscara neutra
SOBRE O CURSO
O traballo da máscara neutra vai levar ao intérprete a tomar conciencia do seu propio corpo. A máscara atópase en estado de calma, desposuída de toda psicoloxía e coloca á actriz ou actor nun estado de descubrimento, de apertura, de dispoñibilidade para a acción.
Ao non poder expresar co rostro nin coas palabras, o corpo aparece como o único medio para soster o silencio. Vén ser como unha páxina en branco. A partir de aquí, quen actúa poderá ir escribindo no seu corpo os trazos que correspondan aos personaxes aos que queira dar vida.
A través da máscara neutra traballaremos a presenza escénica, a economía do movemento e a proxección do xesto no espazo.
INSCRICIÓNS E PERSOAS DESTINATARIAS
Inscricións: https://escolagalegadeclowns.com/mar
Prezo: 175,00€
Persoas destinatarias: Non é necesaria experiencia previa
Prazas: 16
MAR NAVARRO
Formada na Escola de Teatro de Jacques Lecoq de París, onde realiza os dous anos profesionais (1990-92), o terceiro ano pedagóxico (1993-94), especializándose na pedagoxía da escola e o L.E.M. (Laboratorio de estudo do movemento).
Tamén con Etienne Decroux na súa escola de Boulogne-Billancourt (1981-82), Pierre Byland (Clown), Michel Azama (dramaturxia), Sarah Kane (Chekhov), Kameron Steele (Suzuki) e Mary Overlie (Viewpoints), entre outros.
Foi profesora de movemento escénico e improvisación na Escola de Cinematografía da Comunidade de Madrid e no Teatro da Abadía de Madrid. Tamén foi profesora convidada de xestual na RESAD (Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid).