Compañía: Roi Borrallas
Obradoiro de clown
SOBRE O CURSO
DESCOBRE O PALLASO
DIFRUTA DA TÚA IMBECILIDADE
O CURSO: É unha viaxe ao noso interior para atopar os esquemas mentais que nos limitan e tiralos abaixo. É un camiño que nos permite descubrir ou potenciar a nosa comicidade. É un baile coas nosas inseguridades. Un reencontro coa nosa inocencia. É descubrir o mundo por primeira vez. É un risco continuo. Un salto ao baleiro.
QUE FAREMOS: Durante estes días buscaremos o noso humor único e individual e tentaremos aprender a controlar a esa besta indomable. A través de exercicios e xogos traballaremos a base do pallaso: inocencia, imaxinación, ridículo, fracaso, curiosidade… para despois utilizalo en escena. O primeiro día centrarémonos no clown en si. Os seus fundamentos, a súa filosofía, como pensa, como é, como reacciona, que lle caracteriza. Buscaremos puntos en común coa nosa propia personalidade para potencialos e explotalos ante o público. O segundo día levaremos todo iso a escena e veremos recursos e técnicas especificas do pallaso sobre o escenario. Como se relaciona cos seus compañeiros, co público, o tempo, os focos…
INSCRICIÓNS E PERSOAS DESTINATARIAS
Inscricións: https://escolagalegadeclowns.com/roi
Prezo: 145,00€
Persoas destinatarias: Non é necesaria experiencia previa
Prazas: 16
ROI BORRALLAS
Empeza a facer teatro con 15 anos e con 21 anos debuta como pallaso nun circo tradicional. Aquí coñece a xente e aprende cousas. Cousas de circo basicamente. Con esa xente e estes coñecementos crea varios espectáculos. Gaña algúns premios, viaxa a algúns festivais, traballa nalgún circo, dirixe algunha cousa, toca algún instrumento, coñece a máis xente e aprende máis cousas. Cousas de pallaso, basicamente.
EXPERIENCIA: Como director no Festival de circo de Montgat Curtcirckit – Circo de inverno de Mataró “Uul” (2019) – Festival de circo “Nigrán en circo” (2012-2015)
Espectáculos creados – SÓ (2022 – actualidade) Premio do público Malabharía 2025 Premio critica Mellor espectáculo de circo nacional 2024 Premio Feten mellor actor 2023 Premio Zirkólika mellor espectáculo de Pallasos 2022 – A Bela Tour (2012-actualidade) Premio do xurado Artescena 2014 Premio do xurado Malabharia 2019 – Traga Tiérrame Premio Mellor espectáculo do Pilar(2008-2022) – Good save the dream (2014) – 5 Puertas (2013)
FORMACIÓN: Licenciado en Actividade física e do deporte. Estuda teatro (Metodo Stanislavsky con Celso Bugallo). Fórmase como pallaso con Christofe Thellier. Fai cursos de diferente duración con Mestres como: Jango Edwards, Freiser hooper, Anton Valén, Elliot…Comedia da arte con Claudia Contin e Ferrucio Merissi.