Compañía: María Jurado

Spooky

Día: sábado 26 de xulloHora: 20:00Lugar: Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura

SINOPSE

Spooky é unha loita contra o individuo ou, ao mesmo tempo, unha performance na que dúas mulleres constrúen un dispositivo escénico a partir dos códigos do cine de suspense e do cine trash. Os recursos e a estética feita a man interveñen directamente no espazo, xerando unha trama fragmentada que produce unha sensación de incerteza. Esa incerteza dialoga co público e abre fendas entre a realidade e a ficción.

O espazo teatral preséntase como unha metáfora dun cerebro: un lugar ao que chega a información, os patróns, as proxeccións, as imaxes que as crenzas sobre o individuo constrúen dentro de nós, xerando unha especie de “campá de cristal”, aparentemente impenetrable, pero aceleradamente tortuosa.