Compañía: Luz Arcas / La Phármaco
Tierras raras
SOBRE O ESPECTÁCULO
Tierras raras asemella unha maneira fermosa de nomear o noso mundo sinistro. Un xeito de cargar de misterio, fábula, mesmo mitoloxía, aquilo que podería verse só como catástrofe. En realidade, é un exercicio poético, a maxia de nomear dun químico ruso que agrupou uns minerais estraños e os introduciu na táboa periódica cando aínda o tempo se medía en séculos, sen imaxinar que eses minerais serían o alimento principal da industria tecnolóxica do seu futuro e do noso presente, e que as palabras escollidas ían sintetizar, a modo de conxuro ou exorcismo, toda unha época. Tierras raras.
A beleza sobrevive, coa súa fraxilidade intacta, á destrución. Como o fungo de Anna Tsing, ou os animais salvaxes de Chernóbil, ou a luz gratuíta que podería iluminar toda a Cidade de México grazas aos gases que emite o lixo soterrado no vertedoiro do Bordo Poniente.
Se escavamos na terra, coas unllas, con máquinas perforadoras e escobillas especializadas, só atoparemos lixo, excrementos do mundo, pegadas escatolóxicas da historia: lixo doméstico, residuos mineiros, ferramentas prehistóricas e ordenadores obsoletos, fragmentos de corpos, entullos de templos destruídos nas guerras, iconas sacrificadas por inimigos espirituais.
Tierras raras é unha imaxe, un golpe de vista desa condensación do tempo. O baile da cortiza terrestre, a danza do subsolo, do que se descompón e alimenta o mundo. O baile desa violencia orixinal.
FICHA
Baile: Luz Arcas, La Merce, Danielle Mesquita, Javiera Paz e Raquel Sánchez
Cante: Tomás de Perrate
Dirección artística e coreografía: Luz Arcas
Dramaturxia: Luz Arcas e Pedro G. Romero
Deseño de iluminación: Jorge Colomer
Deseño de son: Xabier Erkizia
Vestiario: Andrea Otín
Espazo escénico: Victoria Aime
Asistencia espazo escénico: Natividad Martín
Foto e vídeo: Virginia Rota
Deseño gráfico: María Peinado
Coordinación técnica: Cristina L. Bolívar
Técnico de iluminación: José Espigares
Axudante de dirección e produción executiva: Fernando Jariego
Coordinación de produción: Alberto Núñez
Dirección de produción: Alex Foulkes
Unha produción de: Luz Arcas / La Phármaco en coprodución con Mercat de les Flors de Barcelona e Ma-scène national Pays de Montbéliard (Francia).
Coa complicidade de: Teatro Central de Sevilla e MIT Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Acompañamento e apoio en residencia: La Aceitera (Bollullos de la Mitación, Sevilla) e Hort-Art (Faura, Valencia)
Agradecementos: Festival Madrid en Danza
Duración aproximada: 75 minutos
Idade mínima recomendada: 18 anos
Xénero: Danza
Lingua: Sen texto
Aviso: hai efectos de luces estroboscópicas, luces que parpadean a gran velocidade.