Ribadavia é o berce, a mítica capital teatral do país. A partir do ano 1973, a Agrupación Cultural Abrente iniciou a organización das Mostras de Ribadavia. Estas mostras deben entenderse dentro do ambiente de recuperación cultural (e socioeconómica) que existiu no Estado Español a partir da década de 1960.
Eran tempos de dificultades (a situación económica, a falla de grupos, textos e experiencias, a censura…) Por este motivo, as Mostras foron un punto de encontro para a normalización e profesionalización do Teatro Galego.

A partir de 1984 transfórmase esa experiencia en festival internacional, unha oportunidade única de relación do teatro e da sociedade galega cos grandes mestres da escena internacional, coas novas tendencias e cos circuítos de maior prestixio. Pasou de ser a Stratford galega a ser tamén, como publicou o diario El País, unha sorte de Avignon á galega. Grazas á MIT, Galiza tomou contacto directo co teatro de Declan Donellan, Pippo Delbono, Staniewski, Nekrosius, Emma Dante, Alain Platel, Marianella Morena, La Fura dels Baus, Señor Serrano, etc. E formou parte de proxectos e redes de intercambio beneficiosas para o progreso do conxunto. Un crisol de máis de 45 anos de historia. Tradición, posta en valor e progreso constante.



Who we are

We are excited to launch our new company and product Ooooh. After being featured in too many magazines to mention and having created an online stir, we know that Ooooh is going to be big.

What we do

We are excited to launch our new company and product Ooooh. After being featured in too many magazines to mention and having created an online stir, we know that Ooooh is going to be big.

How we do this

We are excited to launch our new company and product Ooooh. After being featured in too many magazines to mention and having created an online stir, we know that Ooooh is going to be big.