Premio

Abrente para Textos Teatrais

O Concello de Ribadavia, a través da MIT-Mostra Internacional de Teatro, vén de aprobar as bases da edición de 2025, do Premio Abrente, cita indispensable da creación dramatúrxica en galego que este ano chega a súa vixésima edición, consolidándose como un dos principais certames de creación teatral do país.

Este premio conta cunha dotación económica de 4.000€, o apoio na edición do texto gañador e a posibilidade do acompañamento do festival para a súa posta en escena, na medida das posibilidades e dos intereses do autor/a gañadora do mesmo.

Conectado coa memoria e o recoñecemento do pulo cultural da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia e impulsado pola MIT como apoio e fomento da creación galega en diálogo coas relacións internacionais que promove a Mostra, entendida coma un servizo público para a sociedade galega do presente.

O Premio Abrente ao longo das súas edicións, serviu de apoio e voceiro a numerosas dramaturgas e dramaturgos con moi diversa traxectoria e experiencia dende valores emerxentes a figuras xa consolidadas, así deixaron a súa pegada neste premio: Roberto Salgueiro, Antonio Yáñez Casal, Carlos Losada, Manuel Lourenzo, Vanesa Sotelo, Fran Godón, Fernando Epelde, Esther Carrodeguas, Ernesto Is e Xandra Táboas, Roi Vidal, Avelina Pérez, José Luis Baños de Cos, Marcos Abalde, Ernesto Is, Ana Abad de Larriva, Nerea Brey e Alberto Ramos.



Obras premiadas

Abrente 2022 A Nunca Vista

Ano 2022

XVII Convocatoria

A Nunca Vista, de Ana Abad de Larriva.

abrente 2021 Profetas

Ano 2021

XVI Convocatoria

“Profetas”, de Ernesto Is.

abrente 2020 O tsunami

Ano 2020

XV Convocatoria

O tsunami, de Marcos Abalde.


Premio Abrente 2019

Ano 2019

XIV Convocatoria

“Asfixía”, de José Luis Baños de Cos.

Ano 2018

XIII Convocatoria

O día no que bicar a terra, de Avelina Pérez.


Premio Abrente 2017

Ano 2017

XII Convocatoria

“Poesía”, de Roi Vidal.

Premio Abrente 2016

Ano 2016

XI Convocatoria

“Fendas”, de Ernesto Is.
“Todo sobre Eva”, de Xandra Táboas.


Ano 2015

X Convocatoria

“Voaxa e Carmín”, de Esther Carrodeguas.

Premio Abrente

Ano 2014

IX Convocatoria

“Street Art Symphony”, de Fernando Epelde.


Ano 2013

VIII Convocatoria

“Diante do espello”, de  Fran Godón.

Convocatoria Deserta

Ano 2012

VII Convocatoria

Convocatoria Deserta.


Premio Abrente 2011

Ano 2011

VI Convocatoria

“Campo de covardes”, de  Vanesa Sotelo.

Ano 2010

V Convocatoria

“Aquelas cousas do verán”, de  Manuel Lourenzo.


Convocatoria Deserta

Ano 2009

IV Convocatoria

Convocatoria deserta.

Premio Abrente 2008

Ano 2008

III Convocatoria

“Augusta”, de  Carlos Losada.


Premio Abrente 2007

Ano 2007

II Convocatoria

“Octavius Augustus”, de  Antonio Yáñez Casal.

Premio Abrente 2006

Ano 2006

I Convocatoria

“Historia de Helena e María”, de  Roberto Salgueiro.