Compañía: Furia Sotelo
Sobre o extravío ou a arte de perderse
SINOPSE
Un só sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Un espectáculo de danza-teatro interpretado por Nuria Sotelo baixo a dirección de Ana Vallés, que nos convida a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos conxúganse para facernos partícipes da construcción dun lugar, un lugar para quedarse, construción de camiños que non hai que seguir incondicionalmente, da beleza do calar, do que permanece oculto.
Sobre o extravío ou a arte de perderse bríndanos a oportunidade de abandoar a ollada periférica e dispersa á que estamos tan afeitos hoxe en día, para centrarnos en descubrir a sorpresa continua agochada no noso interior, nos obxectos e as accións cotiás, sumerxíndonos nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais…
FICHA
Dirección e creación: Ana Vallés
Intérprete: Nuria Sotelo
Coreografía, textos e espazo escénico: Ana Vallés e Nuria Sotelo
Asistente de coreografía: Alejandra Balboa
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Espazo sonoro: Ana Vallés
Produción musical: Mounqup
Fotografía e vídeo: Rubén Vilanova
Deseño gráfico: A&B comunicación
Produce: Furia Sotelo
Coproduce: A Casa Vella
Colaboran: L’Animal a l’esquena, AC/E, Residencias Paraíso, Colectivo RPM.
Duración: 50 minutos
Público: Todos os públicos
Lingua: Galego
Xénero: Danza-teatro