Compañía: Pistacatro
Sen patrón
SINOPSE
No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?
En SEN PATRÓN, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.
FICHA
Produción: Pistacatro Productora de Soños S.L.
Idea orixinal: Pablo Reboleiro
Dirección: Pablo Reboleiro
Elenco: Aitor Garuz, Santiago Montero, Pablo Reboleiro
Coreografías de malabares: Pablo Reboleiro
Dirección de movemento escénico: Marta Alonso
Axudantía de direción: Marcos González Carballido ‘Ptt’
Música: Manuel Fonte
Produción: Belém Brandido e José Expósito
Deseño gráfico: Juan Gallego
Vídeo: Tamboura Films
Xénero: circo
Público: todos os públicos
Duración: 50 minutos
Lingua: galego