Compañía: Pistacatro

Sen patrón

Día: martes 22 de xullo.Hora: 21:00 h.Lugar: Rúa, Franqueirán.

SINOPSE

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero qué pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?

En SEN PATRÓN, non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven e se moven como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.