Compañía: Ítaca Teatro
Profetas
SINOPSE
Ela e El vólvense atopar, moito tempo despois. Ao longo da noite, tratarán de recompoñer as lembranzas do que foi a súa relación; os soños que compartiron, os medos que a truncaron, as ficcións que crearon e as cidades onde a imaxinaron xuntos.
Profetas presenta o encontro dunha parella que xa non o é. Dúas persoas que fan balance da súa historia común por medio doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación están presentes nunha peza que funciona como un xogo de agochados, de abismos e de saltos entre realidade e ficción. Un conto que se conta para contarnos.
FICHA
Elenco: Carlos Rebolo e Elea López
Texto e dramaturxia: Ernesto Is
Iluminación, espazo sonoro e dirección: Carlos Alvarez-Ossorio
Deseño e creación de máscara: Marga Portomeñe
Escenografía, vestiario e produción: Ítaca Teatro
Deseño gráfico: La Cosa Gráfica
Redes sociais: Insono
Fotografía: Las fotos del César
Guía didáctica: maisqueteatro
Vídeo e tráiler: Granero Vídeo
Videos promocionais: Patricia Barreda
Distribución e comunicación: Carlos Iglesias
Agradecementos: María García, Youssef Salimi, Celia Rodríguez, Julio Seijas, Juan Rivas, Autos Galicia
PROFETAS de Ernesto Is (16º Premio Abrente de textos teatrais da MIT de. Ribadavia 2021).
Duración: 80 minutos
Público: mozo e adulto
Xénero: Teatro
Lingua: Galego