Compañía: Ártika Cia

Non pasarán

Día:  domingo 20 de xullo.Hora: 23:00 h.Lugar: Auditorio "Rubén García" do Castelo
COMPRAR ENTRADAS

SINOPSE

Non Pasarán desenvólvese nun país/ lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán”, un chamado a non permitir a entrada de estraños nos fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e á comunidade.

Con todo, Cándido e a súa filla Ana acollen a unha misteriosa parella na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.

FICHA:

Elenco: Marcos Alonso, Rocío Salgado, Fernanda Barrio e Martín Maez
Dirección: Tito Asorey
Asistencia de dirección: Anxo Fernández
Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
Deseño escenográfico e vestiario: Carlos Alonso
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Deseño de espazo sonoro: Xavi Bértolo
Voz en off: Melania Cruz
Produción: Anxo Fernández
Deseño gráfico: Patricia Portela (The Office Comunicación)
Fotografía: Vanessa Rábade (The Office Comunicación)
Contidos: Lucía Martínez (The Office Comunicación)
Videos promocionais: Jairo Iglesias
Duración: 90 min aprox
Público: maiores de 16 anos
Lingua: galego
Xénero: Comedia

Privacy Preference Center