Compañía: Teatro do Vilar
Memoria dun tempo
SINOPSE
Nos finais de 1958 un grupo de artistas agardan nun vello teatro a examinarse diante dun tribunal do Sindicato Nacional de Espectáculos e conseguir o carné que lles permita traballar baixo a ollada vixiante do réxime. Mentres agardan entre traxes de volantes e melodías de coplas, vanse entretecendo historias persoais, confesións agochadas e soños a medio cumprir.
Nese espazo compartido os nervios mestúranse coa esperanza e as feridas do pasado reábrense, a música convértese nun xeito de resistir, lembrar e vivir.
Memoria dun tempo é unha comedia musical cun pouso amargo, onde cada personaxe, -cantante, músico ou vedeterepresenta unha xeración de soñadores atrapados entre o glamour do espectáculo e a realidade dunha época gris. Unha homenaxe aos que, malia todo, seguiron cantando.
FICHA
Texto: Memoria dun tempo. Adaptación de “Memoria de un bolero” de Rafael Campos. Dirección: Mikel Aristegui. Reparto: Juan Carlos Fernández, Esther Pumar, Marcos González, Rafael Carrera, María García, Bea Cendón, Pablo Pérez, Silvia Estévez, Nerea Sousa, Isabel Alonso. Luces e son: Diego Febrero. Vestiario: Merchi Rodriguez.
Público: todos os públicos
Xénero: Teatro
Lingua: Galego
Duración: 80 min.
Acceso: Con entrada (entradas á venda a partir do martes 15 de xullo na oficina da MIT).