Compañía: Cris Blanco
Grandissima Illusione
SINOPSE
Ola,
son Cris Blanco,
é 12 de marzo de 2022 e escribo este texto desde a casa da miña nai, onde crecín, vendo pola xanela o cole Público Bravo Murillo no que pasei 8 anos. Na tele din que onte fixo 2 anos que se declarou a pandemia. Así que hai 2 anos que empecei a pensar nunha obra moi grande, Grandissima Illusione chamábase. Con moi boas actoresqw (perdón polo erro, mentres escribía esta frase o meu can pisou o teclado) cun corpo de baile, un coro en directo… era unha obra de gran formato, con grandes escenografías recicladas de grandes producións do Teatre Nacional de Catalunya. Ben, aínda non sei se me deixarán as escenografías, porque todo isto é a idea que teño no pasado, o voso pasado, que é o meu presente, e escribo isto para o futuro que é cando estás a ler este texto.
Na miña cabeza está a obra coa Marquesa do S. XVI, a Juglara, o Astrólogo cubano, o Técnico Maquinista, As Extras, o Coro Grego, o Experto teatral, o Texto…
pasaba o da eclipse, o das viaxes temporais e a zona escurridiza… E todo para contar a historia de amor intertemporal e a loita de clases!
Que vos estaba dicindo? Espera, canto tempo levo escribindo este texto?
Cantos días levo en casa da miña nai? Queda algo fóra? Segues aí?
Oxalá que si e esteas a piques de ver Grandissima Illusione.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Cris Blanco
Interpretación: Cris Blanco y Óscar Bueno
Acompañamento artístico: Anto Rodríguez, Óscar Bueno
Dramaturxia: Cris Blanco, Rocío Bello, Anto Rodríguez, Óscar Bueno
Consello teatral: Roberto Fratini
Deseño de luces/Coordinación técnica: Montse Piñeiro y Cristina Bolivar
Deseño de son: Carlos Parra
Vídeo directo: Andrea Balaguer
Axudante de vestiario: Oriol Corral
Fotografía e gravación: Mila Ercoli
Produción: Ariadna Miquel
Asistente de produción: Andrea Balaguer
Coprodución do Grec 2022 Festival de Barcelona, Cris Blanco i Conde Duque Madrid.
Apoios: El Graner, Teatre CCCB, Proxecto premiado coa Beca Premis de Barcelona 2020 e a Becas de Recerca e investigaciò del OSIC 2022.
Patrocinio: Fruits Secs Rius
Grazas a Elena Font Indi-gest, Elena Carmona, Noemi Laviana, Amaranta Velarde, Cris Celada, Javi Cruz, Andrea Balaguer, Nacho Garbe, RTVE, Sara Tibau/Els Joglars, Miguel Rojo/Los Bárbaros, Cesc Casadesus, Hèctor Mora, Noel Yebra, Óscar González e Ángeles Blanco.
Duración: 90 minutos
Público: Todos os públicos
Lingua: Castelán
Xénero: Teatro