Compañía: Natalia Fernandes & Marta Azparren (Residencias Paraíso)

Cerrados y dormidos los bailan

Día: domingo 20 de xullo.Hora: 21:00 h.Lugar: Igrexa da Madalena

SINOPSE

Un diálogo entre a Anatomía Inventada de Natalia Fernandes e o Cine Ciego de Marta Azparren.

Deste encontro, as dúas creadoras inician unha investigación que propón a construción do corpo imaxinario dunha non-bailarina posible (aquela que ocupa o negativo da bailarina), a creación colectiva da súa anatomía tan precisa como imposible e xerar unha conciencia sobre a mirada do público e a súa posición política diante dos discursos impresos no corpo en movemento.

Nun proceso que pensan sempre aberto, Marta e Natalia teñen o desexo, na súa estancia en Ribadavia, de revisitar o material teórico e escénico explorado deste primeiro encontro para seguir investigando e buscando as estratexias performativas de como traducir este diálogo co público co desexo de transformar e seguir bailando cos nosos ollos.

FICHA

Creación e performance: Marta Azparren, Natalia Fernandes

Coordinación técnica: Iván Mozetich

O proxecto conta co apoio de Busseig, el programa de pensamiento de El Graner, es parte de la creación de la pieza Objeto Não Identificado y cuenta con la producción del Colectivo ONI. 

*Esta mostra forma parte da residencia artística que Natalia Fernandes e Marta Azparren desenvolven na MIT, como parte do programa das Residencias Paraíso organizadas por Colectivo RPM

Idioma: castelán

Xénero: artes vivas

Privacy Preference Center