Disiden.cia

Bipedestrución

Día: domingo 20 de xullo.Hora: 20:00 h.Lugar: Auditorio "Manuel María" da Casa da Cultura
COMPRAR ENTRADAS

SINOPSE

Bipedestrución é unha danza para calquera ser. Unha reivindicación monstrosa, alieníxena, absurda e desenfadada dos corpos. Apoiarnos entre nós para transitar as dúbidas. Permitirse, hoxe, ser calquera. Un espectáculo para tódalas idades na pregunta sen resposta sobre a identidade. 

Dous seres abúrrense de andar sobre os seus dous pés. Coma se chegasen doutro universo, xogan a buscar cal é a súa verdadeira forma de moverse pola Terra. A única maneira de seguir camiñando neste planeta será apoiándonos, máis aló dos dous pés, sobre as amizades, construíndo comunidade.

Bipedestrucción, un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia LGTBIAQ+. Un continuo xogo con beliscos de humor en procura do quen son? que quero ser?

FICHA

Dirección: Disiden.Cia
Interpretación: Martín Los Arcos e Marcia Vázquez
Asesoramento en texto: Ánxela Blanco, Alfredo Rodríguez
Deseño sonoro: Alexis Beaufoy
Deseño de vestiario: Laura Merchán
Deseño de iluminación / operación de control en directo: Eder Echaide
Técnica de iluminación e son / coordinación técnica: Daniel Marín
Fotografía e vídeo: Iker Oiz / Laura Merchán
Apoios: Goberno de Navarra, Fundación Baluarte, AC/E, MASDANZA
Colaboracións: A Casa Vella, Espacio CRAC, Centro Huarte, Desfoga, Ayuntamiento de Etxarri Aranatz, Ayuntamiento de Ansoáin
Público: familiar, recomendado maiores de 5 anos
Duración: 54 minutos
Idioma: galego, castelán, éuskaro
Xénero: danza contemporánea

Privacy Preference Center