Premio Abrente de Textos Teatrais
Premio
Abrente para Textos Teatrais
O Concello de Ribadavia, a través da MIT-Mostra Internacional de Teatro, vén de aprobar as bases da edición de 2025, do Premio Abrente, cita indispensable da creación dramatúrxica en galego que este ano chega a súa vixésima edición, consolidándose como un dos principais certames de creación teatral do país.
Este premio conta cunha dotación económica de 4.000€, o apoio na edición do texto gañador e a posibilidade do acompañamento do festival para a súa posta en escena, na medida das posibilidades e dos intereses do autor/a gañadora do mesmo.
Conectado coa memoria e o recoñecemento do pulo cultural da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia e impulsado pola MIT como apoio e fomento da creación galega en diálogo coas relacións internacionais que promove a Mostra, entendida coma un servizo público para a sociedade galega do presente.
O Premio Abrente ao longo das súas edicións, serviu de apoio e voceiro a numerosas dramaturgas e dramaturgos con moi diversa traxectoria e experiencia dende valores emerxentes a figuras xa consolidadas, así deixaron a súa pegada neste premio: Roberto Salgueiro, Antonio Yáñez Casal, Carlos Losada, Manuel Lourenzo, Vanesa Sotelo, Fran Godón, Fernando Epelde, Esther Carrodeguas, Ernesto Is e Xandra Táboas, Roi Vidal, Avelina Pérez, José Luis Baños de Cos, Marcos Abalde, Ernesto Is, Ana Abad de Larriva, Nerea Brey e Alberto Ramos.
Bases XX Convocatoria Premio Abrente
2025 - XX Edición

〰
Obras premiadas






Ano 2016
XI Convocatoria
“Fendas”, de Ernesto Is.
“Todo sobre Eva”, de Xandra Táboas.


Ano 2014
IX Convocatoria
“Street Art Symphony”, de Fernando Epelde.


Ano 2012
VII Convocatoria
Convocatoria Deserta.



Ano 2009
IV Convocatoria
Convocatoria deserta.



Premio do Público
Premio
do Público
Dende o ano 2000, a organización da Mostra instaura este galardón coa finalidade de facer partícipe activamente ao público. Dende entón existe unha tradición consistente na participación da compañía gañadora, dentro das posibilidades, no derradeiro día do festival do ano seguinte.
〰
Espectáculos premiados
Ano 2022
- Teatro La Plaza (Perú)
Ano 2021
- Manolo Alcántara (Cataluña)
- El espejo negro (Andalucía)
Ano 2020
- Teatro en Vilo (Madrid)
- Nova Galega de Danza (Galicia)
Ano 2019
- Kamikaze Teatro (Madrid)
- Flyhard (Cataluña)
Ano 2018
- Elisa e Marcela (Galicia)
Ano 2017
- Nova Galega de Danza (Galicia)
Ano 2016
- Pelmànec (Cataluña)
Ano 2015
- La Trastienda (Madrid-Arxentina)
Ano 2014
- Ron Lalá (CNTC)
Ano 2013
- Abrapalabra Creacións Escénicas (Galicia)
Ano 2012
- T de Teatre (Cataluña)
Ano 2011
- Jashgawronsky Brothers (Italia)
Ano 2010
- Yllana (Madrid)
Ano 2009
- ATALAYA (Andalucía)
Ano 2008
- TEATRO MERIDIONAL (Madrid)
Ano 2007
- Lagarta Lagarta (Galiza)
Ano 2006
- MICOMICÓN (Madrid)
Ano 2005
- ANIMALARIO (Madrid)
Ano 2004
- Teatro Meridional (Madrid)
Ano 2003
- Chévere (Galiza)
Ano 2002
- Los Ulen (Andalucía)
Ano 2001
- Teatro Meridional (Madrid)
Ano 2000
- Tanttaka Treatroa (Euskadi)
Premio do Honra "Roberto Vidal Bolaño"
Premio
de Honra "Roberto Vidal Bolaño"
Este galardón, concedido pola dirección do festival, instaurouse co obxectivo de recoñecer publicamente e resaltar a figura de colectivos ou persoas notoriamente responsables do progreso e do bo labor nas artes escénicas galegas, o que contribúe á modernización e democratización social e cultural.
〰
Lista dos Premios de Honra ao mérito nas Artes Escénicas
- Ano 2022 - Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”
- Ano 2021 - Laura Tato e Manuel F. Vieites
- Ano 2020 - Marta Pazos
- Ano 2019 - Pistacatro
- Ano 2018 - Suso Montero e Carlos Alonso
- Ano 2017 - PT Excéntricas
- Ano 2016 - Mabel Rivera e Belén Constenla
- Ano 2015 - Escena Galega
- Ano 2014 - Cándido Pazó
- Ano 2013 - Revista Galega de TeatroRGT) e Diario Cultural (Radio Galega)
- Ano 2012 - Francisco Pillado Mayor
- Ano 2011 - Chévere Teatro
- Ano 2010 - Ana Vallés e Baltasar Patiño
- Ano 2009 - Centro Dramático Galego
- Ano 2008 - Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- Ano 2007 - Xúlio Lago
- Ano 2006 - Isaac Díaz Pardo
- Ano 2005 - Sarabela Teatro
- Ano 2004 - Dolores Vilavedra e Inma López Silva
- Ano 2003 - Colectivo Burla Negra
- Ano 2002 - Ernesto Chao e Rosa Álvarez
- Ano 2001 - Manuel Lourenzo
- Ano 2000 - Roberto Vidal Bolaño