Historia da MiT
Ribadavia é o berce, a mítica capital teatral do país. A partir do ano 1973, a Agrupación Cultural Abrente iniciou a organización das Mostras de Ribadavia. Estas mostras deben entenderse dentro do ambiente de recuperación cultural (e socioeconómica) que existiu no Estado Español a partir da década de 1960.
Eran tempos de dificultades (a situación económica, a falla de grupos, textos e experiencias, a censura…) Por este motivo, as Mostras foron un punto de encontro para a normalización e profesionalización do Teatro Galego.
A partir de 1984 transfórmase esa experiencia en festival internacional, unha oportunidade única de relación do teatro e da sociedade galega cos grandes mestres da escena internacional, coas novas tendencias e cos circuítos de maior prestixio. Pasou de ser a Stratford galega a ser tamén, como publicou o diario El País, unha sorte de Avignon á galega. Grazas á MIT, Galiza tomou contacto directo co teatro de Declan Donellan, Pippo Delbono, Staniewski, Nekrosius, Emma Dante, Alain Platel, Marianella Morena, La Fura dels Baus, Señor Serrano, etc. E formou parte de proxectos e redes de intercambio beneficiosas para o progreso do conxunto. Un crisol de máis de 45 anos de historia. Tradición, posta en valor e progreso constante.
Quen somos
A partir do ano 1973, a Agrupación Cultural Abrente iniciou a organización das Mostras de Ribadavia. A partir de 1984 transfórmase esa experiencia en festival internacional, unha oportunidade única de relación do teatro e da sociedade galega cos grandes mestres da escena internacional.
O que facemos
Como o facemos
Portfolio Designer
Advanced Grid
Truly one of the most powerful and advances grid system with equal-height and spacing presets.
Digital Branding
Uncode comes with pixel perfect & clean design to satisfy any possible an impossible needs.
Top Performance
Automatically adapt and set your images for best quality on all devices and resolutions.
Responsive Design
A perfect responsive theme powered with selective options for different screen resolutions.