Obradoiro con Sofía Asencio e Tomás Aragay (Societat Doctor Alonso), en colaboración coa AAAG Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Datas e lugar
20/07/2025, de 16:00 a 19:00h
Duración: 3 horas.
Club Artístico de Ribadavia. (Rúa do Progreso, 12, 32400 Ribadavia, Ourense)
Sobre o proxecto
‘El desenterrador’ non é un obradoiro ao uso. É un proxecto de creación e investigación arredor do corpo e as palabras, que quere indagar na estreita e cambiante relación que se produce entre as palabras e o seu uso, e as accións que delas se derivan. Unha relación de ida e volta que lle dá sentido e corpo á nosa forma de habitar o mundo.
Nestes momentos nos que parece que a linguaxe tende á simplificación, á sinterización (vía tecnoloxía) e a unha certa globalización queremos parar e observar este proceso con detemento para mirarnos e mirar de entender os citados procesos e as súas consecuencias nos nosos corpos e na nosa forma de accionalos.
‘El desenterrador’ pon a mirada na palabra, na súa corpoloxía e na súa relación co corpo e a acción. Como o seu nome indica, é unha ferramenta que serve para desenterrar palabras en sentido real e figurado. A corpoloxía das palabras é aquela propiedade que tende non só de crear e sinalar o mundo físico, senón a de xerar un mundo ético, un sistema político e unha orde social.
É unha charla pautada e guiada por unha persoa experta onde, quen participa, a través dunha serie de normas que vai aprendendo e debe respectar, trata de desenterrar unha palabra determinada e chegar de xeito colectivo ao “sentido” orixinal do valor da mesma a partir do cal se convida a traballar.
É no proceso conxunto de investigación deste significado profundo e orixinal da palabra onde, mediante este mecanismo de conversación regrada, aparecen os mecanismos, “sentidos”, contradicións e paradoxos da linguaxe e a palabra no seu uso común e compartido.
eldesenterrador.com
MIT Ribadavia acolle esta actividade grazas á colaboración da AAAG Asociación de Actores e Actrices de Galicia e co patrocinio da Fundación AISGE.
Inscricións
Prazo de inscrición: do 18/06/2025 ao 08/07/2025
Capacidade: 25 participantes
Prezo: 80,00 € tarifa xeral / 60,00 € para socios/as da AAAG.
Inscrición a través do formulario dispoñible na web da AAAG: https://aaag.gal/actividades/67/desenterrador-sofia-asencio-tomas-aragay-mit-ribadavia
Societat Doctor Alonso
Societat Doctor Alonso, dirixida por Tomas Aragay (director de teatro e dramaturgo) e Sofia Asencio (bailarina e coreógrafa), construíu unha linguaxe que atopa unha das súas claves fundamentais no concepto do desprazamento. Trátase de situar algo fóra do seu lugar, ámbito ou espazo propio, para indagar como este desprazamento modifica a linguaxe tanto no que respecta á súa gramática constitutiva como na lectura que pode facer unha persoa que observa: desprazar para desvelar algo.
Esta manobra de desprazamento revelouse como unha ferramenta eficaz para xerar espazos de discurso poético que cuestionen o statu quo da nosa comprensión da realidade.
doctoralonso.org