MiT Xente Auditorio

Presentación de 34ª edición

O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó


MIT Presentacion

Presentación do Programa

A MIT presenta o programa da súa 34ª edición, cun total de 21 representacións e un reforzo de espectáculos de rúa.


MiT Xente Auditorio

Curso para profesionais escénicos

A AAAG e a Mostra de Teatro de Ribadavia coorganizan un curso de formación para profesionais escénicos coa prestixiosa directora teatral Laila Ripoll. O taller está destinado a profesionais das artes escénicas, celebrarase entre o 14 e o 20 de xullo, no marco da 34ª edición da Mostra de Ribadavia e o prazo de inscrición ábrese mañá dende a páxina web da AAAG


Igrexa Magdalena Ribadavia

Exposición: Tránsito pola escenografía española contemporánea

A exposición Tránsito pola escenografía española contemporánea poderá verse, grazas a Acción Cultural Española (AC/E), na Igrexa da Madalena de Ribadavia, do 19 de xuño ao 29 de xullo de 2018, coincidindo coa 34ª MIT.


MiT Público Auditorio

Récord de asistencia de espectadores

A MIT remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas.